viernes, 7 de agosto de 2009

Bases I Torneo San Fiz

I TORNEO SAN FIZ

A Sociedade Deportiva Bolos do Ceán organiza o I Torneo San Fiz, que se disputará os días 8 e 9 de agosto, nas canchas de xogo de Bolos Ceán e Bolos da Carrasca.


BASES


1) O torneo dará comezo o día 8 ás 15:30 h., comenzando unha partida do clube organizador.

2) Poderán participar tódolos clubes pertencentes á Federación Galega de Bolos coas tripletas que desexen, debidamente uniformadas.

3) Poderán cambiarse un ou máis xogadores, pero nunca dunha tripleta a outra, nin xogadores que xa foran aliñados. Calquera cambio na formación da tripleta debe ser comunicada na mesa de inscripción. Ó producirse un troco de xogadores, ambos quedan descalificados da puntuación individual.

4) O torneo consta de dúas fases:



FASE DE CLASIFICACIÓN: Xogaránse 2 voltas o sábado, unha en cada cancha de xogo. As primeiras 14 tripletas clasificadas pasarán a xogar a final do domingo.


FASE FINAL: Comeza o domingo ás 9:00 h., habendo 2 grupos:

- GRUPO A: Composto polos 7 primeiros clasificados.

- GRUPO B: Composto polos 7 restantes clasificados.

Xogaránse 2 voltas no campo do Ceán.


5) PREMIOS

- Haberá premios para os 3 primeiros equipos clasificados de cada grupo.

- Haberá premios para o 1º, 2º e 3º clasificados individuais da 1ª Fase.

- Haberá premios para o 1º, 2º e 3º clasificados individuais xuvenil da 1ª Fase.

No hay comentarios:

Publicar un comentario