miércoles, 10 de agosto de 2011

Torneo 12 horas de Camos 2011

Os días 6 e 7 de agosto disputouse o Torneo 12 horas de Camos. Participaron 40 tripletas, entre as que se encontraban participantes de Lugo e de Asturias. Durante a xornada do sábado xogouse a fase de clasificación, sumando os bolos obtidos en 3 campos de xogo, para así dividilos en 3 grupos: os 12 primeiros ó Grupo A, os 12 seguintes ó Grupo B e as 16 restantes ó Grupo C. Así quedou:

Fase clasificacion Camos 2011

Xa configurados os grupos, divídense en grupos de 4 equipos, que se enfrontarán entre sí mediante sistema suízo. Nos grupos A e B pasarán os dous primeiros de cada grupo e os dous mellores terceiros. No grupo C pasan os dous mellores de cada grupo. Deste xeito quedan 8 equipos en cada grupo, que xogarán os cuartos de final o domingo.

Fase de Grupos - A

Fase de Grupos - b

Fase de Grupos - c

A disputa da fase final, o domingo, deu como vencedor do Grupo A a B. Urgal, no Grupo B a S. Cibrán e no Grupo C, O Sobreiro.

Fase Final

A continuación un resumo dos vencedores individuais:

CLASIFICACIONES

domingo, 7 de agosto de 2011

Galería fotográfica - III Torneo San Fiz

III Torneo San Fiz


Os días 23 e 24 de xullo de 2011 celebrouse o III Torneo de San Fiz, no que o clube de bolos do Ceán acadou un doblete, vencendo no Grupo A a tripleta formada por Abel, Fernando e Juan e no Grupo B a de Gabriel, Agapito e Jairo. Ben feito!

A continuación, un resumo do torneo, coas clasificacións individuais e por equipos:


Torneo San Fiz 2011

lunes, 1 de agosto de 2011

Copa Presidente 2011 - Campo de Camos

Última xornada da Copa Presidente, na que se resolveu a loita polo 3º posto. Finalmente será Vilachán, en detrimento do anfitrión, Camos. Noraboa á Xunqueira pola súa incontestable victoria. Estes foron os resultados:


VILACHÁN: 467 BOLOS - 5 puntos

B. URGAL: 454 BOLOS - 4 puntos

XUNQUEIRA: 448 BOLOS - 3 puntos

PEITIEIROS: 448 BOLOS - 3 puntos

MAÑUFE: 447 BOLOS - 1 punto


A clasificación xeral:


1. XUNQUEIRA: 45
2. MAÑUFE: 25
3. VILACHÁN: 22
4. CAMOS: 18
5. URGAL: 14
6. CEÁN: 12
7. PEITIEIROS: 12
8. MEDIALDEA: 6

Torneo 24 horas da Carrasca 2011

Os días 2 e 3 de xullo de 2011 disputouse a XXIX edición do torneo das 24 horas da Carrasca. Na fase de clasificación déronse 4 voltas, a primeira con 3 tiros e 3 birlos a as outras a 4 boladas. Os resultados foron os que siguen:

Fase de clasificación - Carrasca 2011

Na fase de grupos tamén se xogou a 4 rondas (a segunda e a terceira a 4 boladas). Gran demostración do Clube de Bolos da Carrasca, vencendo nos grupos A e B.

Fase Final

En canto á clasificación individual, o vencedor foi Chiño da Xunqueira, quedando Sergio de Camos a 1 bolo!

CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL

Torneo 12 horas de Medialdea 2011

 O torneo de Medialdea disputouse en dous fins de semana, por mor da chuvia. Participaron 26 tripletas, xogando a fase de clasificación o sábado 9 de xullo, con estes resultados:
Fase de clasificación - Medialdea 2011



A fase final do torneo disputouse o domingo 31 de xullo, resultando vencedor o equipo do Ceán formado por Abel, Fernando e Juan. Así foi a cousa:


Fase Final

Ademáis, como vencedor individual temos a Jacobo Lago, do clube de bolos da Estivada. A clasificación é a que sigue:

CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL

Torneos de Verán 2011

Pincha en cada enlace para ver información dos torneos:


Torneo 24 horas Carrasca


III Torneo San Fiz


Torneo 12 horas de Medialdea


Torneo 12 horas de Camos


Torneo de Maestros - B. Urgal  


Torneo Concello de Gondomar 


Torneo 12 horas de Vilachán