domingo, 7 de agosto de 2011

III Torneo San Fiz


Os días 23 e 24 de xullo de 2011 celebrouse o III Torneo de San Fiz, no que o clube de bolos do Ceán acadou un doblete, vencendo no Grupo A a tripleta formada por Abel, Fernando e Juan e no Grupo B a de Gabriel, Agapito e Jairo. Ben feito!

A continuación, un resumo do torneo, coas clasificacións individuais e por equipos:


Torneo San Fiz 2011

lunes, 1 de agosto de 2011

Copa Presidente 2011 - Campo de Camos

Última xornada da Copa Presidente, na que se resolveu a loita polo 3º posto. Finalmente será Vilachán, en detrimento do anfitrión, Camos. Noraboa á Xunqueira pola súa incontestable victoria. Estes foron os resultados:


VILACHÁN: 467 BOLOS - 5 puntos

B. URGAL: 454 BOLOS - 4 puntos

XUNQUEIRA: 448 BOLOS - 3 puntos

PEITIEIROS: 448 BOLOS - 3 puntos

MAÑUFE: 447 BOLOS - 1 punto


A clasificación xeral:


1. XUNQUEIRA: 45
2. MAÑUFE: 25
3. VILACHÁN: 22
4. CAMOS: 18
5. URGAL: 14
6. CEÁN: 12
7. PEITIEIROS: 12
8. MEDIALDEA: 6

Torneo 24 horas da Carrasca 2011

Os días 2 e 3 de xullo de 2011 disputouse a XXIX edición do torneo das 24 horas da Carrasca. Na fase de clasificación déronse 4 voltas, a primeira con 3 tiros e 3 birlos a as outras a 4 boladas. Os resultados foron os que siguen:

Fase de clasificación - Carrasca 2011

Na fase de grupos tamén se xogou a 4 rondas (a segunda e a terceira a 4 boladas). Gran demostración do Clube de Bolos da Carrasca, vencendo nos grupos A e B.

Fase Final

En canto á clasificación individual, o vencedor foi Chiño da Xunqueira, quedando Sergio de Camos a 1 bolo!

CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL

Torneo 12 horas de Medialdea 2011

 O torneo de Medialdea disputouse en dous fins de semana, por mor da chuvia. Participaron 26 tripletas, xogando a fase de clasificación o sábado 9 de xullo, con estes resultados:
Fase de clasificación - Medialdea 2011



A fase final do torneo disputouse o domingo 31 de xullo, resultando vencedor o equipo do Ceán formado por Abel, Fernando e Juan. Así foi a cousa:


Fase Final

Ademáis, como vencedor individual temos a Jacobo Lago, do clube de bolos da Estivada. A clasificación é a que sigue:

CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL

Torneos de Verán 2011

Pincha en cada enlace para ver información dos torneos:


Torneo 24 horas Carrasca


III Torneo San Fiz


Torneo 12 horas de Medialdea


Torneo 12 horas de Camos


Torneo de Maestros - B. Urgal  


Torneo Concello de Gondomar 


Torneo 12 horas de Vilachán

domingo, 10 de julio de 2011

Copa Presidente 2011 - Campo da Xunqueira

Nova proba puntuable da Copa Presidente 2011, esta vez na casa do virtual campión, Xunqueira. Novamente acadaron a victoria, afirmando aínda máis o liderato. De cara á última xornada, a loita polo terceiro posto entre Camos e Vilachán promete grandes emocións. Mirámonos en Camos o sábado 30 de xullo.

XUNQUEIRA: 442 BOLOS - 5 puntos

VILACHÁN: 440 BOLOS - 4 puntos

CAMOS: 410 BOLOS - 3 puntos

MAÑUFE: 408 BOLOS - 2 puntos

CEÁN: 393 BOLOS - 1 punto


A clasificación xeral:


1. XUNQUEIRA: 42
2. MAÑUFE: 24
3. CAMOS: 18
4. VILACHÁN: 17
5. CEÁN: 12
6. URGAL: 10
7. PEITIEIROS: 9
8. MEDIALDEA: 6