A falta dunha xornada para o remate da fase clasificatoria do Torneo de Nadal 2009, así están as cousas:
No Grupo A xa está todo o peixe vendido. Xunqueira "A" e Ceán "B" pasan a cuartos de final. O único aliciente neste grupo é ver se Ceán "F" logra estrenar o marcador de victorias contra San Cibrán "B".
No Grupo B, Mañufe "B" destaca como líder indiscutible, xa con plaza na seguinte fase. O segundo posto dispútano Ceán "E" e Medialdea. Na última xornada enfróntanse Medialdea contra Carrasca. Se vence Medialdea pasará á fase final. Se perde, o Ceán contará con outro equipo en cuartos.
No Grupo C, paseo militar de Xunqueira "C", respaldado por Mañufe "A", xa clasificados os dous, a pesar dun último esforzo por parte do Bucanero: pero o barco foi a pique. Luis e Fernado víronse afectados polo clima. O ano que ven que se preparen!!
E chegamos ó Grupo "D". ¡Aquí hai tomate! Onte pola noite xa falaban de maletíns. Ceán "A" xa está clasificado. Será 1º ou 2º dependendo do resultado que obteña contra S.Cibrán "A":
- Se vence, xogaría os cuartos de final contra Ceán "B", e dese xeito o Ceán aseguraría un equipo nas semifinais e algo de "tallada" por estar entre os 4 primeiros. E o máis importante, tamén pasaría Ceán "D", o equipo revelación do torneo, que se vería as caras contra o actual campión, Xunqueira "A".
- Se perde, S. Cibrán pasaría como primeiro e Ceán "A" segundo, xogando contra Chiño e Lorenzo.
O sábado 28 de novembro o desenlace.